ENTROIDO
O Entroido é para moitos a festa máis esperada do ano. Unha festa para facer burla do día a día, na que os roles se cambian, a xente se relaxa e pode rir de todo. Celebración de longa tradición popular, sobre todo na provincia de Ourense, que marca unha data nos nosos calendarios. Eliximos as máscaras dos personaxes máis típicos do entroido para plasmalos con moito cariño en pequenas pezas pintadas a man. Colección formada por máscaras de Peliqueiro e Cigarrón, Boteiro, Pantalla e Xeneráis da Ulla de colores que varían dependendo da peza). Montados en Prata de Lei (Ag).